Ofrecémosche unha solución integral para que poidas xerar e consumir a túa propia enerxía. Encargámonos do proxecto de forma integral para que reduzas a túa dependencia da rede eléctrica cunha planta de autoconsumo que será túa dende o primeiro día.
Se queres pagar a túa planta de autoconsumo pouco a pouco, esta modalidade adáptase a ti. Encargámonos do proxecto de forma integral para que reduzas a túa dependencia da rede eléctrica cunha planta de autoconsumo que será túa dende o primeiro día, pero que pagarás en cómodas mensualidades.
Se queres gozar do autoconsumo sen investires, velaquí a túa fórmula. Propoñémosche un contrato de compra e venda co que consumirás a enerxía renovable xerada nas túas instalacións por menos do que pagas á comercializadora e sen investimento inicial. Ao remate do contrato poderás renovalo, manter a instalación de autoconsumo ou desfacerte dela sen ningún custo.