NÓS

EXPERIENCIA EN TODA A CADEA DE VALOR
EN SOLARPROFIT SOMOS ESPECIALISTAS EN INSTALACIÓNS DE AUTOCONSUMO FOTOVOLTAICO RESIDENCIAL E INDUSTRIAL.

No ano 2007 comezamos a nosa actividade como empresa de enxeñaría que ofrecía apoio na planificación e xestión de compras de proxectos fotovoltaicos. A experiencia adquirida ao longo da cadea de valor impulsounos a ofrecer servizos 360º de autoconsumo fotovoltaico, e dende 2013 traballamos para que particulares e empresas aforren e coiden do medio ambiente xerando a súa propia enerxía.

Coñece as empresas do grupo SolarProfit, aquí.

MÁIS DE 1000 PERSOAS AO TEU SERVIZO

A TU SERVICIO

Somos un equipo de enxeñeiros, instaladores e técnicos que non nos conformamos con desexar un mundo máis sostible, senón que traballamos cada día para conseguilo. Máis de 1000 persoas que lideran a transformación cara a un novo modelo enerxético, apostando pola enerxía solar como fonte limpa e inesgotable capaz de cambiar o futuro do planeta.

ÚNETE AO NOSO EQUIPO

"Cada vez que escollo alguén para o equipo, observo dous aspectos fundamentais: que sexa unha boa persoa e que queira cambiar o mundo."

Anna Trigueros, responsable de Recursos Humanos

"O mellor é cando recibo chamadas de clientes sorprendidos polo aforro que ven na factura da luz despois de pasaren ao autoconsumo. Hai un antes e un despois deste feito, e a súa conciencia ecolóxica aumenta."

Daniel Sola, asesor enerxético.

"Non só buscamos o aforro na factura da luz, senón que nos ocupamos de tramitar as axudas para conseguir o máximo beneficio económico para o cliente."

Montse Ríos, responsable de bonificacións e subvencións.

"Creo que a seguridade non é cousa de sorte ou casualidade e hai que aplicar sempre medidas preventivas. Para min, un traballo ben feito é sinónimo de traballar con seguridade."

Marc Valverde, responsable de prevención de riscos laborais.

"Somos a voz dos clientes dentro da empresa. O noso principal obxectivo é que cada cliente se sinta acompañado e satisfeito cos nosos servizos."

Sara Álvarez, responsable de atención ao cliente.

"Traballo con todos os departamentos, gozando da boa enerxía de profesionais moi motivados e implicados en ofreceren un servizo excelente."

Hugo Bayó, director de Transformación e Rendemento.

"Co proceso de expansión nacional pretendemos levar a boa enerxía ao último recuncho da península."

Pau Cervera, responsable de delegacións residenciais.

"Na miña formación busco que os asesores enerxéticos sexan capaces de comunicar os nosos servizos de forma clara e directa, a través da súa honestidade e entusiasmo."

Román Gómez, responsable de formación en consultoría enerxética.

"O noso obxectivo é que os operadores dispoñan de todos os recursos necesarios para poder executar as instalacións cos mellores estándares de calidade posibles."

Víctor Lardiés, responsable de obra de instalacións residenciais en Cataluña.
900253545
SOLICITAR ESTUDO
SOLICITAR ESTUDO

Las cookies necesarias son absolutamente esenciales para que la página web funcione correctamente. Esta categoría solo incluye las cookies que garantizan funcionalidades básicas y características de seguridad de la página web. Estas cookies no almacenan ningún tipo de información personal.

Cookies no necesarias
Les cookies que pueden no ser particularmente necesarias para el funcionamiento de la página web y que se utilizan específicamente para recabar datos personales de los usuarios a través de análisis, anuncios y otros contenidos integrados, se denominan cookies no necesarias. Es obligatorio obtener su consentimiento antes ejecutar estas cookies en la página web. Estas son:





GUARDAR

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar estudios estadísticos y analizar la navegación en nuestra página web. Pulse “Aceptar” si acepta el uso de todas las cookies o “Configurar” para rechazar y/o configurar la utilización de cookies. Para obtener más información, pulse aquí.